O pasado sábado 31 a AD O Silbato volveu a sair ás rúas co gallo de conquistar o V Torneo de Fútbol Burbulla CERCUD de Baamonde, Lugo.

6 foron os equipos levados dende A Coruña: Jäger (Xabi, Sendón e Rojo), Eristoff (Oreiro, Eneko e Cancela), Nordés (Álvaro Núñez, Sendón e Yannick), Martini (Naím, Fiuza e Miño), Brugal (Senín, Bea e Mosquera) e Albariño (David Vázquez, Represas e Óscar Núñez), que se enfrontaron a outros 14 equipos procedentes de toda Galicia e entre os que se atopaban compañeiros da Peña 9’15.

Con esta carta de presentación e un maleteiro cheo de cervexas ninguén dubidou de cal era o obxectivo: pasalo ben entre amigos co torneo como excusa.

Os primeiros partidos foron de aclimatación, xa que neste deporte desputar o balón é o de menos, polo que a proposta de jogo bonito de Eristoff e Nordés costoulles unha pronta eliminación na fase de grupos. Pouco máis adiante freou o seu avance o Equipo Albariño, que perdeu na fase intermedia.

Martini, Brugal e Jäger chegaron con solvencia a cuartos, onde o azar quixo complicar as cousas, enfrontando aos dous primeiros entre sí e a Jäger contra os subcampións da anterior edición. Pese a que ambos encontros remataron con empate a 1, o duelo fraticida estivo marcado polas decisións arbitrais — ao Equipo Martini anuláronlle 4 goles — o que fixo que chegaran á lotaría dos penaltis coa cabeza baixa, non conseguindo levar nin a pedrea. Pola súa banda o equipo Jäger soubo plantar cara ao nada fácil Raio Pataqueiro, pero pouca fortuna tiveron na liña de golpe franco. Mención especial aínda así tanto para o inesperado pichichi Xabi como para a Estrella Manu Rojo, que foi o indubidable campión de levantamento de quintos.

Só contra o mundo quedou nas semifinais o Equipo Brugal no que causou baixa unha exhausta Beatriz, entrando no seu lugar Naím. Os seus rivais foron os temidos Voltereta Team, a cuxo lado Pepe sería un becario. Os do Ron, no canto de intimidarse deron un paso cara adiante, aguantando o 1-0 durante boa parte do encontro, aínda que o goteo rival acabou facendo mella e o partido viuse abocado á quenda de penaltis. Alí o protagonista foi un imbatible Mosquera que liderou ao equipo á gran final.

Tras 12 duras horas de fútbol (burbulla) a final sería Brugal O Silbato – Penal 9’15, ou o que é o mesmo: Coruña – Lugo. A concentración e seriedade dos lucenses chocou coa motivación dos nosos, que contaron con un xogador máis: os compañeiros que, pese a estar eliminados, animaron como verdadeiros hooligans durante todo o día, facendo gala dos xa tradicionais cántigos da AD.

Todo esto fixo, como non podía ser doutra forma, que os xogadores salisen co coitelo entre os dentes, chegando ao descanso con un máis que cómodo 3-0 a favor. Aínda así os de arbipol non se deron por vencidos e ao comezo da segunda parte acercáronse perigosamente marcando 2 rápidos goles. Deste xeito tocoulle aos Brugal afiliarse ao catenaccio e encerrarse atrás o resto do encontro. Cos da 9’15 continuamente enriba foi o momento de que Naím demostrase a súa experiencia, botando o peche á portería, palomita incluída, ata o final do encontro.

Desta forma a AD O Silbato suma ás súas vitrinas o trofeo de campión do V Torneo de Fútbol Burbulla CERCUD.

Galería de fotos dispoñible en breves AQUÍ

#AsubiandoXuntos

ARRIBA: Naím, Rojo, Fiuza, Óscar Núñez, Senín, Álvaro Núñez, David Vázquez, Xabi e Cancela. ABAIXO: Sendón, Miño, Represas, Bea, Mosquera, Oreiro, Eneko e Yannick.