O pasado venres 16 de setembro tivo lugar en Palexco, a 33ª edición da gala AD O Silbato, que puxo o colofón á tempada 2021/2022.
Coa presencia de máis de 120 asistentes, a tarde comezou cuns pinchos que foron amenizados co son da gaita de Mario Pereira. Tras tomar asiento tódolos socios foi o turno dos presentadores, Yannick Juncal e Pablo Rey, que, precedidos por un vídeo que recapitulaba as 32 edicións anteriores, deron inicio á Gala.
Foi este o momento elixido polo Presidente, Rodrigo García, para dar unhas palabras, nas que quixo agradecer aos presentes a gran acollida que veñen tendo as actividades en xeral, e a Gala en particular. A continuación, falou na mesma liña o Delegado, Rubén Eiriz, que fixo entrega, en nome da Delegación, dunha serie de recoñecementos a ilustres do colectivo:
Recoñecementos Delegación da Coruña
Mención Honorífica – Premio Toda Unha Vida: Alfonso Santiago Souto
Recoñecemento á súa dedicación: Vicente Veiga Doldán
Recoñecemento Club Centenario: SD Sin Querer
Entre prato e prato, foi turno de premiar aos ascensos producidos nas categorías autonómicas:
Ascensos Categorías Autonómicas:
Ascenso a Terceira Galicia: Juan Lobón Martínez, Sofía Martínez Pereiro, Paula Respino Pereiro, Hugo Palleiro Taboada, Mario Pereira Eiriz, Martín Vázquez Cebral e Helder J. Souza Toubes
Ascenso a Segunda Galicia: Sergio Castro García, Eneko Corral Villar, Hugo Fernández Calvete, Álvaro Núñez Mayo, Bruno Pardo Gil, Lucas Rey Lara, Juan Sieira Hermida e Iago Senín Fernández
Ascenso a Primeira Galicia: David Cancela García, Abel González Vázquez, Christian Sendón Martínez (recolle Manuel Rodríguez Rojo) e Aitor Maneiro Santos.
Tamén houbo tempo para o tradicional sorteo de regalos, ofrecidos por , onde a man inocente foi representada polos socios máis novos.
Xunto co postre chegaron os premios de ascenso dende Preferente Galicia até a Categoría FIFA.
Ascenso a Preferente Galicia: Diego Cedeira Méndez e Diego Seoane Sánchez
Ascenso a Árbitro Asistente Autonómico: Iván Miño Rojas
Ascenso a Terceira RFEF: Alexandre Represas Rodríguez
Ascenso a Árbitro Asistente Segunda RFEF: Álvaro Gil Soriano (recolle Eugenia Gil Soriano) e Diego Cusset Ramírez
Ascenso a Segunda RFEF: Pedro Oreiro Hermida
Ascenso a Árbitro Asistente Primeira RFEF: Rubén Vázquez Penas
Ascenso a Primeira División: Fabián Blanco Rodríguez (por petición expresa do premiado, entregarase nos pinchos de Nadal)
Consecución Categoría FIFA: Diego Sánchez Rojo
O seguinte paso foi, de man de Marcos e Javier, que fixeron entrega dos Premios Eliseo Figueiras «Pintor» , que veñen premiando, dende fai case 3 décadas, aos mellores árbitros de cada unha das categorías autonómicas, recibindo este ano: Hugo Fernández Calvete, Abel González Vázquez, Diego Cedeira Méndez e Alexandre Represas Rodríguez.
Tocantes o final, presentaronse, por primeira vez, dous premios que recordarán, desde este ano e cara a posteridade, a dous compañeiros que foron referentes no colectivo arbitral polos seus valores.
Premio Roberto Campos Candal (á persona externa que máis colabora co colectivo arbitral): Manuel Facal Anido (Bergantiños FC)
Premio Lucas Vicente Vidal (ao árbitro do ano polos seus valores, compañeirismo e dedicación): Jorge López Lesta
A última parada foi o recoñecemento, mediante a instauración da figura de Árbitros Lenda da Delegación da Coruña, de Yolanda Parga Rodríguez e Roberto Vázquez Alvite. Dúas persoas de gran recoñecemento a nivel nacional que formarán tam´én parte, agora, do Salón da Fama da Delegación.
Así mesmo, este momento foi aproveitado para homenaxear, de man de Xabi Rodríguez, a carreira do recentemente retirado Roberto Vázquez Alvite, repasando os momentos máis destacados dos seus prolíficos 28 anos de carreira arbitral.
A Gala finalizou coa intervención das autoridades tanto do eido político (Roberto García Fernández, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, e Mónica Martínez Lema, Conselleira de Deportes do Concello da Coruña) como do eido arbitral (Bernardino González V´ázquez, Presidente do Comité Técnico Galego de Árbitros de Fútbol) e futbolístico (Rafael Louzán Abal, Presidente da Real Federación Galega de Fútbol).
A Directiva da AD quere agradecer a presenza de todos os que formaron dun novo capítulo da historia da Agrupación, así como a colaboración da Delegación e do CTGAF.
Galería de fotos dispoñible AQUÍ
#AsubiandoXuntos