O pasado sábado día 14 tivo lugar, na Praia de Oza, unha nova edición do tradicional Torneo de Volei e Petanca.
A inexperiencia dos participantes fíxose notar ben cedo: 20′ durou o primeiro partido, que enfrontou á Directiva contra as redes de voleibol. Despois deste traspé todo foi rodado nunha fase de grupos que evolucionou de menos a máis.
No grupo A houbo que recurrir ao «point average» para dilucidar quen quedaba fora de entre un empate a 3, sendo a perxudicada, por ben pouco, a parexa de Andresito & Eneko, que sorprendeu a todos.
Non menos interesante estivo o grupo B, onde se ben Álvaro Núñez & Senín se desmarcaron pronto, a segunda praza estivo en disputa até o último partido, con Eiriz & Eugenia apoiando aos Gorrillas (Naím & Fontela) que por moito que pelexaron non poideron conseguir a fazaña, polo que os atletas tiveron que ver a semifinal dende a grada.
Namentres disputouse a fase de grupos da petanca onde destacou o dominio dos Vázquez, contraposto por un novo fracaso de Yannick que, pese a ser o Secretario, non dubidou en pedir a dimisión da Directiva.
Chegadas as roldas de morte súbita de ambas competicións saltou a sorpresa. Carliños, que cargara á espalda con Pedro RP durante a fase de grupos, caeu fronte a Borja Medina & Víctor Mera. Na final atopáronse con Seoane & Mosquera, que ninguen soubo como chegaron ahí, pero que tras un duro enfrontamento se alzaron coa victoria.
A petanca estivo marcada pola continua igualdade que fixo que o avance á final se decidise por milímetros. Xa no decisivo encontro demostrouse o importante que é a estratexia neste xogo e, aínda que Martín Vázquez tentase levar aos rivales ao seu territorio foi o primeiro caído. Pedro e Borja tiveron que ir ao desempate onde o da saga dos RP se asegurou a victoria.
Galería de fotos dispoñible AQUÍ.
#AsubiandoXuntos