Onte día 19 de febreiro deu comezo o Grand Prix Online co Torneo de UNO, que contou cunha gran aceptación por parte dos socios.
Un novidoso formato con rolda de repesca daba, ás 22.00, o pistoletazo de saída, que se fixo de rogar ata 50 minutos máis no Grupo 6, liderado pola doble B: Bruno-Belmonte, que atoparon á tecnoloxía como máximo rival.
A primeira rolda saldouse con 16 gañadores e 18 perdedores, que comenzaron o seu periplo pola repesca. David Cancela, Víctor Rodríguez, Hugo Fernández, Adrián García, Represas e Yannick non souberon aproveitar esta segunda oportunidade e foron os primeiros eliminados do torneo, gardando 1 solitario punto na carteira.
O torneo continuou avanzando sen máis sorpresa cá dobre derrota de Rai en segunda rolda, que non foi quen de facer valer o seu estatus de “gamer”.
Nas semifinais, Xabi e Christian Sendón impuxéronse a Jandro e Rubén Vázquez. Se ben, Jandro foi capaz de amosar a súa superioridade na rolda de repesca, Canales pereceu ante un tapado Alex Fontela, que sorprendeu a todos avanzando dende a repesca cun nivel vido a máis.
Na gran final, representando a As Mariñas, A Costa, Sur e Coruña respectivamente, volveronse atopar os compoñentes da semifinal, con Fontela como única novidade.
Jandro soubo aprender dos seus erros, e foi capaz de vencer, por fin, ao seu gran rival Sendón, proclamándose gañador do torneo; e o costeiro, que mantivo un constante e gran nivel durante toda a noite, eirixiuse subcampión. Pola súa parte, as dúas grandes revelacións, Xabi —que se amosou en inesperada sintonía coas novas tecnoloxías—, e Fontela —que apareceu sixilosamente dende a repesca— empataron no último posto do podio, repartíndose os puntos.
Máis abaixo podedes ver o desglose completo da repartición de puntos.
A Directiva quere agradecer a todos os participantes a súa participación e predisposición para facer posible unha noite diferente entre compañeiros.
Agardámosvos de volta en 2 semanas co Torneo de Pinturillo!
#AsubiandoXuntos