O pasado luns día 1 disputouse, no campo da Rocheira (Coristanco) un partido entre A Costa e A Coruña que rematou cunha xuntanza arredor de abundante churrasco.

A resaca da XXXII Gala, celebrada 1 semana antes, conseguiu que se reunisen nesta actividade máis de 40 persoas, convertíndoa na máis existosa dos últimos tempos.

Tras unha fin de semana vendo as calamidades dos equipos tocoulle aos trencillas recordar que eles non son mellores. A Costa levou a iniciativa no primeiro tramo do encontro, debiu ser este o único acerto do seu míster, o señor Laxe, que a partir de ahí non foi quen de dar cos cambios, nin co esquema de xogo, nin lle dou á pelota cando se puxo de corto.

Pronto se definiu o estilo de xogo: os de Copa Mundial reventaban o balón mentras que os de calcetíns por enriba da media pedían jogo bonito. Os encargados de defender a malla costeira foron Robinho e Rellán Pequeno, que tiñan claro que se pasa o balón o siguiente e que pase o xogador por encima da valla, aínda que para defender a Rodrigo valía calquera. Pola parte dos coruñeses os legionarios foron os irmáns Juncal, que gracias a Dios non xogaron xuntos, a xogada destacada foi un despeje de Naím donde lle rompiu o labio ao que se lle puxo diante, mágoa que fose un do seu equipo.

Ao descanso fútbol pouco e goles menos, destacou unha espectacular palomita de Sendón, pena que non estivese QPCtv porque cando o conte non hai quen llo crea.

Na segunda parte os locales decatáronse de que a clave estaba en poñer a xogar os que sabían: «dádella a Miguel e non molestedes».

O primeiro tanto foi a prol «dos da ciudá» dun córner sacado por Fiuza Sr., que aínda a día de hoxe non se puxo dacordo en se é zurdo ou diestro, aínda así o balón pasou entre as pernas de propios e estraños ata que Lobón lle dou traxectoria hacia fora da porteria, menos mal que estaba Fonsi para metela dentro, o caso e que a el tocáballe marcar na outra portería.

Cerca do final entrou un espontáneo correndo cara o árbitro, pero inesperadamente era para darlle un agasallo ao momentaneo trencilla Cancela, que celebrou xunto cos compañeiros a súa estrenada paternidade.

Ao reanudarse o xogo os costeiros aproveitaron a confusión do referí para entrar a rematar con 14 xogadores, pero nin así…

Deste xeito finalizou o partido, dirixíndose a expedición cara o Fogón da Pía da Laracha onde compartiron mesa e anécdotas.

Galería de fotos dispoñible AQUÍ.

#AsubiandoXuntos

ARRIBA: Vilanova, Dani Martínez, Recarei, Seoane, Adri Rellán, Sebas Rellán, Senín, Reborido, Escri, Lovi, Rodrigo, JorgeRP, Rojo, PedroRP, Tebo, Señarís, Mouzo, Represas, Canales, Laxe, Miguel, Óscar Rey, Miño, Juan Marcos, Naím e Ínsua.
ABAIXO: Fonsi, Cancela, Fiuza, Víctor JRB, Álvaro Núñez, Brais Ron, Óscar Núñez, Bruno Pardo, Urroa, Oreiro, Sendón, Lobón, Yannick, Castreje e Ferreiro.