O pasado venres 22 de outubro tivo lugar, no Salón Loft de Palexco, a 32ª edición da gala de fin de tempada da AD O Silbato que puxo o colofón tanto á tempada 2019/2020 como á 2020/2021.

A tarde comezou coas intervencións do Presidente, Rodrigo García Gómez, en Radio Marca (18’00 a 23’45) e RadioVoz (programa 22 de outubro: 36’40 a 43’30).

Tras os pinchos de benvida, e unha vez todos os socios tomaron asento, os presentadores, Yannick Juncal e Pablo Rey, deron comezo á Gala. Foi este o momento elixido polo Presidente para dar unhas palabras nas que quixo agradecer a todos os socios e directiva o apoio amosado e emprazounos a seguir traballando xuntos para que a AD siga dando pasos cara adiante. Fíxose asimesmo entrega a Alexandre Represas dun detalle en agradecemento polo seu labor como Presidente dende 2019 a 2021. A continuación falou na mesma liña o Delegado Javier Mella, que fixo entrega a Xabi, Cives, Bruno e Oreiro dun agradecemento polo seu labor como profesores de Regras de Xogo.

Tralo primeiro plato fíxose o tradicional sorteo de regalos
—ofrecidos por Diego Sánchez, Fabián Blanco e Alex Lovi
— que, coma sempre, estivo rodeado de apupos e gritos de «tongo» e, antes do postre, foi o turno da entrega, a cargo do Coordinador de Actividades, Diego Seoane, dos premios do Grand Prix Online, que recibiron Christian Sendón (1º), Bruno Méndez (2º) e Óscar Núñez (3º), e que deixaron á Costa como gran triunfadora.

Finalizada a comida, chegou o tempo de recoñecer aos compañeiros ascendidos tanto na tempada 2019/2020 como na 2020/2021.

Premiados 2019/2020
Ascenso a Terceira Galicia: Eneko Corral Villar e Álvaro Núñez Mayo
Ascenso a Segunda Galicia: Manuel Rodríguez Rojo e Christian Sendón Villar
Ascenso a Primeira Galicia: Jorge Izzi, Daniel Naya Rey (recolle Brais Rosende Cancela) e Óscar Santos Rodríguez
Ascenso a Preferente Galicia: Diego Cusset Ramírez e Alejandro García Mosquera (recolle Diego Seoane Sánchez)
Ascenso a Segunda División B: Alexandre López Vila.
Premiados 2020/2021
Ascenso a Árbitro Asistente de Terceira RFEF: Diego Cusset Ramírez
Ascenso a Terceira RFEF: Mª Eugenia Gil Soriano
Ascenso a Árbitro Asistente de Segunda RFEF: Rubén Reborido Rodríguez

Como é habitual, a continuación foi o turno dos Premios Pintor —entregados aos mellores árbitros de cada categoría— que estiveron nesta ocasión marcados polo recordo ao gran Eliseo Figueiras «Pintor», finado no 2019 pero que sigue moi presente no colectivo arbitral. 25 anos despois da primeira edición destes premios, os seus fillos, Marcos e Javier, e o seu gran amigo Rábade continuaron o seu legado, aderezando a entrega cun emotivo discurso onde quixeron recordar a figura de Eliseo e renovar o seu compromiso tanto coa AD O Silbato en particular como coa arbitraxe en xeral.

Premios Pintor 2019/2020
Terceira Galicia: Jorge Escribano Salgado
Segunda Galicia: Daniel Naya Rey (recolle Brais Rosende Cancela)
Primeira Galicia: Alejandro García Mosquera (recolle Diego Seoane Sánchez)
Preferente Galicia: Martín García Gómez
Premios Pintor 2020/2021
Preferente Galicia:
Mª Eugenia Gil Soriano

A última parada foi a homenaxe a Alejandro Del Río Amor, compañeiro moi querido por todos que esta pasada tempada colgou o chifre e que recordou, xunto a Xabi, o seu notable paso pola organización arbitral.

Para pechar a noite foi o turno das autoridades que nos acompañaron durante a cerimonia: Roberto Vázquez Alvite, como Vicepresidente do Comité Galego de Árbitros, Mónica Martínez Lema, como Conselleira de Deportes do Concello da Coruña e Roberto García Fernández, como Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña.

A Gala finalizou cunhas emotivas palabras de Yannick Juncal, que quixo salientar todo o traballo e esforzo que hai detrás de cada éxito pero tamén, e sobretodo, a importancia de saberse levantar tras cada fracaso.

A Directiva da AD quere agradecer a presenza de todos os que formaron parte desta histórica Gala e traballará para seguir crecendo de cara á seguinte tempada.

Galería de fotos dispoñible AQUÍ

#AsubiandoXuntos