Máis dun ano despois, este venres 16 volveron as actividades presenciais da AD co Torneo de Pádel.

Comezou a tarde cunha fase de grupos onde as diferencias se fixeron notar, e é que parellas de humildes xogadores coma a de Oreiro & Miño topáronse con apisonadoras coma Eric & Gándara, que arrasaron con todo. Misma sorte correron nos outros 2 grupos tanto os Pescaditos (Hugo & Andrés L.) como os dos Rosales (Acuña & Adri), que marcharon con 0 puntos pero sentíndose gañadores morais.

A sorpresa do torneo foron Vieites & Óscar López que, pese a ser xuntados pola AD rápidamente se entenderon e conseguiron chegar á semifinal.

Polo outro lado do cuadrante apareceron os Naya & Felpeto, que souberon resucitar tras dúas derrotas nos primeiros partidos. Na fase intermedia, onde se mediron a Izzi & Seoane, onde o uruguaio se quixo parecer a Godín sachando a todo o que se movía. Afogados xa os do equipo «ARBIPOL» (árbitro + opositor) tiveronse que medir a Eric & Gándara, que pese a que foron os mellores na fase de grupos e chegaban máis descansados ca os seus rivais, non poideron nin sequera facerlle fronte aos seus rivais.

Pola súa banda Santos & Calvete agardaban na final, á que chegaron con paso firme. Os costeiros atoparon rápidamente o talón de Aquiles dos seus rivais: NAYA. Desde ese momento o partido foi entre eles 2 e o de Arteixo, cara a quen iban todas as bolas, e que preferiu acusar o cansanzo antes que dar a cara. Tentou Felpeto darlle folgos ao equipo pero non foi quen de cargar co morto e finalmente Santos & Calvete alzáronse coa victoria. Noraboa!

Galería de fotos dispoñible AQUÍ

#AsubiandoXuntos