A AD O Silbato, en colaboración co Comité Técnico de Árbitros de Fútbol e Fútbol Sala da RFGF, participou, por primeira vez, no XXXIII Día do Deporte na Rúa que organizou o Concello da Coruña.

Durante a xornada, que se desenvolveu durante a mañá do domingo 27 de xuño, acercáronse ao posto da AD unha trintena de persoas de idades comprendidas entre os 5 e os 38 anos que se puxeron por un día na pel do árbitro e que foron agasallados con tarxetas, balóns e camisolas.

Destacou a presenza da concelleira de deportes, Dona Mónica Martínez, quen amosou gran admiración polo colectivo arbitral.

Mediante esta actividade a AD amosa o seu compromiso por aproximar a arbitraxe aos máis novos e visibilizar a figura do árbitro coma un deportista máis.

#AsubiandoXuntos