O pasado venres día 23 celebrouse o Torneo de STOP, penúltimo chanzo do Grand Prix Online.

A vontade da directiva de contentar a tódolos socios plasmouse esta vez nun formato de todos contra todos de onde sairía a clasificación final, o que permitiu a Rubén Vázquez cumprir o seu soño de chegar a unha final.

Categorías específicas como “clube de fútbol”, “campo”, “árbitro” ou “insulto” misturáronse con outras de cultura xeral como “nome”, “lugar”, ou “palabra en inglés” e, sorprendentemente, nesta última categoría amosaron os socios gran dominio do idioma anglosaxón.

Non todo iba ser harmonización lingüística, xa que un Pablo sen posibilidades non quixo caer só e decidiu declarar, unilateralmente, o castelán como único idioma válido, arrastrando consigo aos costeiros Sendón e Rojo que non dubidaron en denunciar tal opresión.

Segundo avanzaban as roldas aumentaba a tensión, e comezaronlle a tremer as pernas a un Canales que, unha vez máis desaparece nos momentos importantes.

Nos compases finais a batalla estaba clara: Oscar Núñez contra Bruno, os dous destacados do torneo. Se ben Charlito foi a lebre que marcou o ritmo durante a mayoría das roldas, Nito, que sempre estivo pisándolle os talóns, fixo gala da súa veteranía e batiuno no esprinte final, proclamándose campión e entrando de cheo na pelexa polo Grand Prix.

Con 5 persoas loitando polo campionato e outras tantas buscando o podio, o 7 de maio celebrarase o último torneo, o de Tute, que contará cunha puntuación especial.

Podes ver a clasificación completa do Grand Prix premendo AQUÍ

#AsubiandoXuntos